miércoles, 15 de septiembre de 2010

O Baile Deportivo sera parte do programa XOGADE da Xunta de Galicia

A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLOS XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS ESCOLARES (XOGADE) PARA O FOMENTO DA PRÁCTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA

A Secretaría Xeral para o Deporte presenta  o seu novo programa de deporte escolar o cal se denomina "XOGADE"; Xogos Galegos Deportivos, en idade escolar, un nome que ademais pon en evidencia unha das súas intencións: utilizar o XOGO como ferramenta de traballo que permita iniciar os mozos en diferentes disciplinas deportivas asegurando o seu desfrute, favorecendo así unha maior conexión entre o neno/a e a actividade.

O carácter lúdico aumentará a posibilidade dun uso posterior no desfrute do seu tempo libre, colaborando a crear hábitos de vida activos e saudables.

Xogade recolle toda a actividade deportiva en idade escolar promovida e promocionada dende a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o deporte), documentación que pode ser descargada da páxina web: http://www.deporteescolargalego.org/

A través do XOGO os nenos e as nenas tanto de primaria coma de secundaria, terán a posibilidade de divertirse ao mesmo tempo que realizan a súa primeira inmersión en diferentes deportes, e este ano inclúese como novidade o Baile Deportivo.

miércoles, 2 de junio de 2010

Dia histórico para o baile en Galicia

Mércores 2 de xuño de 2010 data histórica para o baile en Galicia. Hoxe aprobouse no parlamento de Galicia por unanimidade de tódolos grupos unha proposición non de lei presentada pola diputada do partido popular Marisol Piñeiro que inste a Xunta de Galicia a promover o  baile deportivo na nosa Comunidade, ao seu recoñecemento como modalidade deportiva, así como á creación de unha Federación Galega de Baile Deportivo.

viernes, 19 de febrero de 2010

Regulamento Campionatos Galegos

Regulamento para os Campionatos Galegos tempada 2009-2010

1.- Os campionatos Galegos de Baile Deportivo estarán abertos a todas as categorías
2.- Grupos de idade: Xuvenil - Junior I - Junior II - Youth - Adulto - Senior.
3.- O número mínimo de parellas no grupo de idade junior será de 4, no caso de non acadarse este este mínimo poderá agruparse nun só grupo Junior.
4.- No caso das categorias Xuvenil - Junior - Youth - Adulto - Senior non será necesario un número mínimo de parellas para conformar grupo, pero para poder dividir a categoria Adulto en Adulto I e Adulto II e a categoria Senior en Senior I e Senior II deberá haber un mínimo de 5 parellas en cada grupo de idade.
5.- Para competir nos Campionatos Galegos será necesario realizar un mínimo de dúas competicións puntuables durante o ano anterior á data do campeonato e dentro da comunidade de Galicia, excepto para os grupos de idade Xuvenil, Junior I e Senior que non precisaran acadar este mínimo.
De celebrarse competición o día do campionato esta non se computará dentro das duas competicións obrigatorias para poder participar no mesmo.
6.- Polo menos un membro da parella debe de ter a súa residencia habitual en Galicia.
7.- As parellas participantes non poderán ter representado a outra Comunidade nin ter participado en ningún outro Campionato Autonómico durante a presente tempada.
8.- Regulamento de Vestiario: Aplicarase o mesmo que nos Campionatos de España (ver en www.febd.es )
9.- BAILES:
Campionato Latino: Samba, Cha-cha, Rumba, Pasodoble, Jive
(en Xuvenil Samba, Cha-cha e Jive
e Junior I: Samba, Cha-cha, Rumba e Jive)
Campionato Standard: Vals Inglés, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quickstep
(en Xuvenil: Vals Inglés, Tango e Quickstep
Junior I: Vals Inglés, Tango, VV, Quickstep)
Campionato 10 Bailes: VI, TA, VV, SF, QS, SB, CH, RB, PD e JV
(en Xuvenil: VI, TA, QS, SB, CH e JV
(e Junior I: VI, TA, VV,QS, SB, CH,RB e JV)

lunes, 18 de enero de 2010

Campionatos Galegos

Dende a Asociación Badega informámosvos que os campionatos galegos de 2010 celebraranse nas seguintes datas:

- Campionato Galego dos 10 bailes celebrarase o vindeiro 28 de febreiro, en A Estrada (Pontevedra)

- Campionato Galego de Latinos celebrarase o vindeiro 11 de abril en Narón (Ferrol - A Coruña)

En breve informaremos da data de celebracion do campionato de galego de standard