miércoles, 9 de diciembre de 2009

Sobre BADEGA

A Asociación BADEGA constituese cos fins de fomentar e desenrolar a práctica do baile de competición como actividade deportiva na comunidade autónoma galega, así como dar a coñecer o baile de competición no seu entorno e fomentar a constitución de clubes deportivos de baile.
Para levar a cabo os seus fins a asociación poderá realizar as seguintes actividades:
- Organización de competicións de ámbito autonómico de baile deportivo
- Colaborar coa Administración Autonómica para a promoción de baile deportivo en toda a comunidade galega con especial atención ó deporte na idade escolar e universitaria.
- Organizar reunións e cursos de perfeccionamento para os distintos estamentos deportivos en orden a acadar un mayor nivel e proxección deportiva.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

A xunta directiva esta formada por:

- Román Romero Franco en calidade de Presidente.
- Graciela Toba Rodríguez en calidade de Vicepresidenta.
- Xoán Carlos Romero Rozados en calidade de Secretario.
- Beatriz Veiga Domínguez en calidade de Tesoreíra.
- Ademais de un vocal por cada clube deportivo da Comunidade Autónoma