martes, 15 de diciembre de 2009

Nota Informativa

O día 29 de Novembro celebrouse, coincidindo coa Competición de Pontevedra, unha reunión dos distintos representantes dos clubs deportivos que formamos a Asociación Galega de Baile Deportivo (BADEGA), co obxectivo de dar un novo impulso ao baile deportivo en Galicia. A tal fin tratáronse diversos temas sobre a realidade do baile en Galicia e tomáronse as seguintes decisións

1) Renovación da xunta directiva
Un dos puntos do día era a elección dun novo Presidente. Por unanimidade decidiuse que sexa Román Romero; Vicepresidente, Graciela Toba; Secretario, Juan Carlos Romero; Tesoureira, Beatriz Veiga, e o resto dos representantes dos clubs formasen parte da nova Xunta Directiva en forma de Vocales.

2) Publicidade da nova situación
Unha vez renovados os cargos unha das primeiras decisións tomadas pola nova Xunta Directiva, é a de dar publicidade a todos os órganos relacionados co mundo do baile da nova situación, e que a nova via de comunicación con Galicia sexa a través do correo; badegagalicia@gmail.com

3) Recoñecemento do Baile Deportivo como deporte en Galicia.
Informouse da situación en que se encontra o proceso de recoñecemento por parte da administración do baile como deporte en Galicia e de cuales deberían ser os pasos a seguir para lograr este obxectivo.


4) Campionatos Galegos 2010.
Abriuse un prazo de solicitude para a organización dos campionatos galegos de 2010 co fin de que tanto os organizadores coma os bailarins poidan preparalos coa suficiente antelación.

A Xunta Directiva.
BADEGA.